Despois da esterilización, unha recuperación tranquila
A ferida dunha esterilización é pequena e adoita curar sen problemas: o importante é que a túa cadela ou a túa gata non a lamba, non a morda nin a rasque durante a recuperación. Contámosche que vixiar e como protexela sen colar isabelino.
Por que hai que protexela
Na maioría das esterilizacións faise unha pequena incisión no abdome (laparotomía). É unha ferida limpa que cicatriza en poucos días, se está ben protexida.
O problema aparece cando o animal se lambe, se morde ou se rasca: a ferida pode irritarse, contaminarse, infectarse ou mesmo abrirse. Iso alonga a recuperación e obriga a volver á clínica.
Que cambia en cada caso
Na cadela
A lámina colócase no peto do pescozo e actúa como un colarín: limita o xiro da cabeza para que non chegue á ferida nin poida quitar o traxe.
Cando estea vixiada ou saiades pasear, podes retirala para que estea máis cómoda.
Na gata
Na maioría das gatas non fai falta a lámina ríxida, o que redundará nun maior benestar para a túa gata.
Ao principio algunhas gatas quedan quietas ou camiñan de forma rara. É normal: pónllelo e quítallelo unhas cantas veces e afanse axiña.
Que é normal e cando chamar ao veterinario
É normal
- A ferida vese limpa, seca e cos bordos xuntos.
- Un pouco de inflamación arredor dos puntos os primeiros días, que vai a menos.
- Algo de cansazo e menos apetito o día da operación.
Consulta co teu veterinario se
- A ferida ponse vermella ou se incha cada vez máis.
- Supura, sangra ou cheira mal.
- Ves puntos soltos ou a ferida ábrese.
- Está abatida, non come ao día seguinte ou mostra dor.
Ante calquera dúbida, mellor consultar: o teu veterinario sabe como foi a cirurxía e que esperar no teu caso.
Canto tempo hai que levalo?
Decídeo o teu veterinario, segundo a cirurxía e como evolucione a ferida. Nunha esterilización adoita ser arredor dunha semana, ata a revisión ou a retirada dos puntos.
Por iso MIMAR® conséguese na clínica: o veterinario valora se é axeitado, escolle a talla e indícache canto tempo levalo.
A mesma protección, con máis benestar
| Durante o posoperatorio | Colar isabelino | MIMAR® Suit Recovery |
|---|---|---|
| Evita que lamba ou morda a ferida | Si | Si |
| Evita que a rasque coas patas traseiras | Non | Si |
| Protexe a ferida da sucidade, con tecido antimicrobiano | Non | Si |
| Necesidade de incómodas vendaxes | Si | Non |
| Come, bebe e dorme con normalidade | Con dificultade | Si |
| Pasea sen chocar con portas nin mobles | Non | Si |
Para a esterilización úsase o traxe longo, que cobre o peito e o abdome. A talla escóllese polo peso: consulta a guía de tallas.
Esterilizadas en clínica, da talla 1 á 5
Sete cadelas e unha gata, ordenadas por talla. En todos os casos o traxe levouse entre 6 e 8 días, segundo a pauta da clínica.
Miau
Talla 2Ver a ferida
Ferida de Miau durante o posoperatorio co traxe.
Lily
Talla 2Ver a ferida
Ferida de Lily durante o posoperatorio co traxe.
Blanqui
Talla 2Ver a ferida
Ferida de Blanqui durante o posoperatorio co traxe.
Dana
Talla 3
Lúa
Talla 4
Perla
Talla 4Ver a ferida
Ferida de Perla durante o posoperatorio co traxe.
Lassy
Talla 5As fotos das feridas están ocultas: ábreas só se queres velas.
Preguntas habituais na consulta
Teño que deixarlle o traxe todo o tempo?
Si, durante todo o posoperatorio, de día e de noite, ata que o teu veterinario che diga que xa se pode retirar.
Teño que deixarlle a lámina ríxida?
Non sempre. Cando estea vixiada e cando a saques pasear podes quitarlla. Volve poñerlla cando quede soa ou pola noite.
Pode facer as súas necesidades co traxe posto?
Si, o traxe non impide ningunha función fisiolóxica: pode comer, beber, ouriñar e defecar con normalidade.
E se a miña gata non se move ao poñerllo?
É frecuente ao principio. Pónllelo e quítallelo varias veces para que se afaga; na maioría dos casos adáptase en pouco tempo.
Serve para outra ocasión?
Si. Lávase á máquina a 30 °C como máximo e é reutilizable, por exemplo para outra cirurxía ou para outro animal da mesma talla.
Antes da cirurxía, pregunta por MIMAR® na túa clínica
Se vas esterilizar a túa cadela ou a túa gata, coméntallo ao teu veterinario cando pidas a cita. Así terá a talla preparada o día da operación e sairedes da clínica sen cono.
- Pídello ao teu veterinario ao reservar a cirurxía.
- Se a túa clínica aínda non o ten, o teu veterinario pode pedir só a talla que necesite, sen mínimo.
- O día da operación, colócacho e explícache canto tempo levalo.
Esta información é orientativa e non substitúe o criterio do teu veterinario, que é quen valora cada caso.